Buscar este blog

martes, 15 de febrero de 2011

Novo ano, novas actividades para a Fundación Galicia Universal

A Fundación Galicia Universal está preparando as súas actividades anuais, nas que non pode faltar a cultura, as tradicións e os encontros para fomentar o contacto de todos os galegos e galegas en Catalunya. Aínda que quédanos un pouco lonxe, xa podemos adiantar que a celebración do Dia das Letras Galegas vai ter todo o noso esforzo e dedicación para que poidamos ter un pouco das terra de Breogan entre todos nós. 
O Dia das Letras Galegas 2011 está dedicado ó poeta monfortino Lois Pereiro

viernes, 12 de noviembre de 2010

Primeira Xuntanza Galega (2)

A primeira Xuntanza Galega nace coa intención de ser un espazo de encontro entre diferentes empresas de orixe galego. A Fundación tiña a intención de facilitar un primeiro contacto co público catalán para poder valorar as oportunidades de negocio entre as dous comunidades. Coma vemos nas fotos isto conseguiuse con resultados óptimos
Núria Marín, Alcadesa de L'Hospitalet e Ernesto Lagarón, Presidente da Fundación Galicia Universal  na Xuntanza Galega

Pero é que ademais recibimos un importante apoio das entidades políticas, iso queda para o seguinte post!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

A primeira Xuntanza Galega en Catalunya (1)

A Fundación Galicia Universal celebrou a principios do mes de outubro a súa primeira Xuntanza Galega en Catalunya. O evento tivo lugar en La Farga de l’Hospitalet, un espazo pensado para este tipo de acontecementos. Dentro da primeira Xuntanza Galega en Catalunya nós coma Fundación tivemos a intención de unir baixo un mesmo paraugas os tres piares que conforman a nosa asociación. Por un lado, quixemos crear un espazo de encontro entre os empresarios galegos e o público catalán –Foro de Emprendedores-. A cultura e o folclore galegos tamén tiveron unha presenza destacada coas diferentes actuacións o longo dos catro días de Xuntanza, dando un espazo destacado ó Foro da Cultura. O acontecemento tamén foi un espazo destacado para o encontro entre as diferentes entidades galegas establecidas en Catalunya, é dicir, dando importancia merecida ó Foro Social.

viernes, 5 de noviembre de 2010

A Fundación Galicia Universal, ¿Qué é a Fundación Galicia Universal?

A reposta é moi sinxela a Fundación Galicia Universal é un organismo que une baixo un mesmo paraugas diferentes asociacións de galegos en Catalunya. Somos unha institución de recente creación e nacemos co obxectivo de converternos no punto de referencia para toda a diáspora galega.

A nosa actividade pivota en tres piares diferentes: Foro Cultural, Foro Emprendedores, Foro Social. Dentro destas tres grandes ramas desexamos desenvolver actividades para potenciar o xeito cultural galego, traballando en diferentes campos. Uns exemplos son o premio literario aberto a todos os escritores do Estado, sempre que a súa produción sexa en galego; a Xuntanza Galega en Catalunya que é un acontecemento que busca cubrir os nosos tres piares con actividades nos campos empresarial, cultural e social e a edición do periódico Saudade cunha periodicidade trimestral.